XII XORNADAS DO PEREGRINO " ABRINDO CAMIÑO"

O Concello de Guitiriz acollerá o Domingo 30 de Xuño unha das etapas das  XII Xornadas do Peregrino " Abrindo o Camiño" etapa dende Baamonde ata Parga. Distancia apox. 12 km.

Aquí vos deixamos o programa do acto:

9:00 h . Saída a  pé  dende a igrexa de Santiago de Baamonde. Actuación musical do grupo de gaitas da asociación Xermolos.

10:30 h.  Na igrexa de San Alberte . Acto Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado  pola súa labor en pro do Camiño de Santiago n a Terra Chá.

11:30 h.- Continuación da camiñada ata a Feira Tradicional de Parga.

13:00 h.- No salón do CIT  Mesa Debate:  “ O Ano xubilar – Xacobeo 2021 dende  o análise das Asociacións do Camiño de Santiago”

14:00 h. Actuación da Banda Municipal de Música de Guitiriz