Aberta ao tráfico a rúa Nova

Xa está aberta ao tráfico a rúa Nova, ao rematar os traballos que se estaban a levar a cabo para solucionar o socavón que se formara. 

As obras consistiron en:

  • Renovación da condución do saneamento, que era de formigón e agora está en PVC.
  • Construír un pozo de rexistro para mellorar o saneamento das augas residuais. 
  • Pavimentación da vía.
  • Colocación duns bolardos para delimitar a zona de paso dos peóns.

Desde o Concello De Guitiriz lamentamos as molestias ocasionadas aos veciños e veciñas afectadas por unha actuación que servirá para dar un mellor servizo de saneamento do que existía anteriormente.