Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, a responsable da Biblioteca Municipal do Concello de Guitiriz puxo en marcha un pequeno Trivial. Cen cuestións nas que os osuarios e usuarias debían contestar, de xeito correcto, e despositar nunha urna as súas respostas. O secretario do Concello, Rafael, foi o encargado de escoller a papeleta gañadora de entre tantas as que enchían o recipiente. 

Eva resultou gañadora do Trivial, contestando correctamente á pregunta "Quen escribiu o libro "Don Quijote de la Mancha"? A responsable da biblioteca poñerase en contacto con ela á maior brevidade para que pase a recoller o seu agasallo. 

Parabéns, Eva! 

 

Podedes consultar as bases aquí.