Ao redor de 450 persoas participaron hoxe na andaina solidaria contra a leucemia infantil, organizada polo IES Poeta Díaz Castro, o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e o CEIP Lagostelle de Guitiriz, en colaboración co Concello. Á actividade, que estivo organizada pola comunidade escolar, tamén se sumou a veciñanza. 

Saliu ás 10:30 horas do Campo da Feira de Guitiriz. A alcaldesa, Marisol Morandeira, que participou na andaina, agradeceu "a todas e todos a asistencia" e felicitou aos centros educativos "por levar a cabo esta idea e formar en valores deste tipo aos máis pequenos durante todo o ano".