Consulta nesta nova a programación dos obradoiros de novembro na Aula CeMIT de Guitiriz. O servizo de aula aberta estará operativo todos os días en horario de 9:00 a 11:00 horas, para un uso libre dos ordenadores. Os días 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de novembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas, realizaranse os cursos de 'Trámites en liña coa administración'. Os contidos son os seguintes:

  1. Explicar que é a Administración electrónica. 
  2. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo.
  3. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas. 
  4. Realizar algúns trámites con distintas Administracións.

Para a realización das inscricións: no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal, na Aula CeMIT ou nos teléfonos 982 37 01 09 e 982 17 00 62.