Outro dos sitios máis carismáticos de Guitiriz é a “Area recreativa San Xoan de Lagostelle”, no que destaca unha frondosa vexetación, un bosque de piñeirais, carballos, salgueiros.....
Neste lugar atopase o encoro que abastece de auga o concello, que se pode bordear dando un paseo e así ir descubrindo a flora e fauna da zona.
Alí mesmo, tamén esta situada a “Aula da natureza”, que é a casa do antigo garda forestal, onde se pode ver información da vexetación da zona, ademais hai que destacar a riqueza micolóxica do lugar.
Esta acondicionado con mesas e bancos de pedra, ademais de parrillas onde poder facer unha boa comida o mesmo tempo que disfrutamos da natureza. |