Lateral
imagen Parroquias | imagen

O Vilar (Sta. María)

O vilar queda a 6,5 Km de núcleo municipal, e segun o Padrón do 2005 conta  con 58 habitantes, agrupados en 9 entidades poblacionaís.

O igual que no resto das parroquias do concello de Guitiriz  no Vilar abundan as  mámoas ou medorras como pode ser a da “Fraga de Forcas”  no lugar da Fontaza.

Nesta parroquia  destaca a Igrexa Parroquial  de Santa María que  é unha boa mostra da arte románica, data da segunda metade do século XII.( + Inf).

No Vilar existen varios cruceiros entre os que destacan o que está no Atrio da Igrexa , o Cruceiro de Rebordiños que está nunha carballeira preto da casa Rebordiños e preto do antigo camiño a Parga, o Cruceiro de Fraguas situado a carón da casa do mesmo nome que posúe inscricións.

Ademais dos cruceiros no Vilar tamén destacan os Hórreos como pode ser o “Hórreo de Rebordiños” adxacente a casa do propietario.

As festas do Vilar son o primeiro fin de semana na honra da Nosa Señora.

Atrás
noticias
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI