Cultura Epipaleolítica
Destaca o “Xacemento de Pena Xiboi” (8000-5000), situado na Vila de Parga, na Aldea de Tolda moi preto do “Muíño da Ruxida”.
Foi declarado Ben de Interese Cultural pola Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Xunta de Galicia. No xacemento destaca un Cruceiro colocado alí polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.
Cultura Megalítica
abundan sobre todo monumentos fúnebres como as denominadas Mámoas, Medorras ou Modias. Unhas das que mellor se conservan son:
- Modias do Castro no Buriz.
- Modorra da Agra Branca en Sta leocadia.
- Medorra do Cotarro en Negradas.
Cultura Castrexa
Tamén deixou unha forte impronta no noso pobo, así temos varios castros como por exemplo o “Castro de Belote”, “Castro das Quenllas do Forno”.
- Castro de Belote, está situado na parroquia de San Xoán de Lagostelle. A súa planta é circular. É un dos castros de Guitiriz que conserva maior número de murallas.Ten un foso duns 5 metros de ancho. A lenda conta que é un lugar na cós mouros tiraban pedras para defenderse dos que lles atacaban.
- Castro das Quenllas do Forno, situado na parroquia do Buriz , no lugar do forno. Ten un planta completamente circular. Presenta grandes e profundos fosos e consérvanse tres murallas que bordean o Castro, excepto polo Norte.
|