A capela de San Alberte e o seu entorno, é un dos sitios de visita obrigada se vides a Guitiriz.
O espazo natural onde está situada e a fermosura do seu Santuario fan deste sitio un lugar idílico.
Se lle votamos un pouquiño de imaxinación, este entorno parece remontarnos a Idade Media e facernos sentir como un protagonista de Robin dos Bosques.
Está situada na parroquia de San Breixo , con fácil acceso dende a N: VI pola ponte gótica do mesmo nome , moi preto da vía férrea.
O estilo da capela é Gótico,algúns autores como Angel Castillo sitúana no século XIV, aínda que outros considérana do século XIII.
A Fachada Principal é do S. XIII, no que destaca a porta de arco alintelado. A porta lateral dereita é a orixinal e ten un sinxelo arco de medio punto sen ornamentación e algo apuntado.No seu exterior destacan os oito grandes contrafortes, que lle dan un aspecto maxestoso.
No exterior, ó lado do muro que rodea o atrio, está unha fonte realizada en sillares de cantería. Ten dos canos rematando en forma case triangular con ornamentación de labra na pedra.
A tradición popular conta, que as súas augas teñen poderes curativos para solucionar os problemas da fala. |