Lateral
santamaria
imagen Turismo | ¿Qué podemos ver en Guitiriz? imagen
Sta María de Lagostelle

Situada na  Praza Sagrado Corazón de María, na capital do Concello.

Foi construída entre os anos 1949-1968. O seu estilo é Neorrománico e foi mandada construír polo párroco de aquel  entonces Don Manuel Bande López.

A construcción desta igrexa obedece a unha situción  moi concreta. Tras a Guerra Civil, permaneceron aloxados en Guitiriz, centenares de soldados e ademais íase construir  un campo de aviación, polo que Guitiriz podía chegar a converterse nunha importante cidade entre Lugo e Coruña, e ante este incremento de poboación a “Igrexa Vella” quedaba pequena, polo que o Parroco considerou necesario levantar un novo Templo de grandes dimensións.

Contan cá súa construción foi posible grazas ós donativos dos veciños, e dos visitantes ó Balneario.

Esta igrexa imita ó estilo Románico, ten planta de Cruz Latina e na súa fachada podemos observar rascos característicos deste estilo como son, os arcos de medio punto con derrame externo e o rosetón, no que destaca a figura de San Xoán Bautista.

A edificación fixose con granito da canteira guitiricense,básicamente có material extraído da canteira de Mariz.

Como curiosidade destacamos que a Casa Reitoral e o Salón Parroquial están adosados a igrexa.
No atrio atopase un Busto na honra de Manuel Bande López, promotor da igrexa.

stamaria3
atras

 

santamaria
santamaria2
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI