Lateral
lagos1
imagen Turismo | ¿Qué podemos ver en Guitiriz? imagen
San Xoán de Lagostelle

Está situada na Praza de San Xoán en Guitiriz, preto do Cuartel da Garda Civil.

Esta igrexa é a primitiva do pobo, de feito coñecese  popularmente como a “Igrexa Vella”.

Foi fundada como Capela a principios do S. XIV, e  sufriu varias ampliacións ata acadar a estrutura que ten na actualidade. Nos anos 2001-02 e no 2005 estivo en proceso de restauración.

Desta igrexa, destaca a súa Fachada Barroca, cun fermoso altorrelevo representando a San Xoán Bautista, con restos de policromía. Nos laterais levántase dúas torres iguais,do ano 1831. Todos os muros son de sillería rectangular e, nun lado, presenta un sinxelo pórtico, con columnas.

No interior destaca un “Arco Triunfal” de medio punto que divide o espazo, pero o que máis chama a atención , son as Capelas e os retablos Barrocos do S.XVIII.

A Capela Maior é de estilo Gótico tardío, e cóbrese cunha bóveda de nervios con cinco claves, e vese iluminada por arcos de medio punto.

Posúe outras dúas Capelas, situadas nos laterais. No lateral dereito está a “Capela das Dolores” e no lateral esquerdo a “Capela  do Santo Cristo”.
Ó lado da igrexa está situado un Cruceiro do ano 1880, de gran beleza e coñecido como “Cruceiro da Vila “.
Dende o Atrio accedese  ó  Cemiterio da Vila.

lagostelle
atras

 

lagos2
lagos3
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI