Lateral
imagen Espacios Naturais | Área Recreativa Sete Muíños imagen
SETE MUIÑOS

Un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz son “Os sete muíños”, chamado así porque  conta con 7 muíños  situados a beira do río Forxa, no que destaca a vexetación autóctona  da ribeira e carballos de gran riqueza.

Nesta area recreativa está situada  a piscina natural que leva o mesmo nome, que foi feita aproveitando o curso do río.

O pe da piscina, río arriba pódese observar un dos muíños de auga, dende onde baixa a auga en cascada.

Seguindo río abaixo atopámonos con outro dos muíños. Aínda que hoxe están  en desuso conservan vestixios do que foron no pasado.

Están construídos  con mampostería  de granito  local e cubertos a dúas augas con pizarra.

Este é un lugar para disfrutar todo o mundo, tanto pequenos coma grandes.

Os máis pequenos ademáis darse un “chapuzón” na piscina tamén poden pasar un rato divertido xogando no parque infantil situado nesta zona.

Nos sete muíños tamén está situada a Piscina Municipal climatizada con paneis solares, así pódese escoller entre darse un baño nas augas fresquiñas da piscina natural,ou nas máis quentiñas da municipal.

piscina
piscina2
piscina3
piscina4
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI