|
 |
Turismo | |
 |
|
Guitiriz, posúe unha oferta turística considerable centrada no Turismo Cultural, de Natureza, e Termal.
Todos aqueles que veñan a Guitiriz poderán disfrutar do gran Patrimonio Histórico Cultural, xa que abondan monumentos de varias épocas, estilos e culturas.
Os Espazos Naturais son outro dos grandes Recursos Turísticos do Municipio, abondan multitude de Áreas Recreativas, ideais para descansar e descubrir todo o que a natureza nos ofrece: fantásticos paisaxes, rutas de sendeirismo, a flora e fauna local e un longo etc.
A auga é outro dos elementos máis significativos de Guitiriz. Abundan numerosas Fontes Minero Medicinais, arredor das que se construíron varios Balnearios, que atraen dende fai anos a moita xente ó noso Concello.
A Pedra, tamén forma parte da paisaxe natural e identifica a construcción da paisaxe cultural de Guitiriz. Casas labregas, igrexas, fortalezas, pontes, muíños, cruceiros e outras construccións que foron feitas coa nosa pedra e polos canteiros desta terra. |
|
 |
|
|
|