A aula da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz acolle durante o mes de xullo a actividade “Kids digital summer camp”.

Esta actividade do aliado dixital Everis levarse a cabo na Aula CeMIT Guitiriz no mes de xullo , en horario de 16:00h a 17:30h, e está destinada aos cativos e cativas de entre 7 a 10 anos de idade.

Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, o aliado dixital Everis, organiza un campamento de tecnoloxía para nenos e nenas en formato virtual e de balde. A continuación o listado de talleres e charlas nos que os cativos e cativas poden participar.

Martes 7
- Charla: Se o podes pensar, o podes crear. Con Luis Iturra, deseñador de
videoxogos.
- Taller con Scratch. 1,2,3… probando. Como crear os elementos do meu
primeiro videoxogo.

Mércores 8
- Charla: A superintelixencia da tecnoloxía. A cargo de Yolanda Canales,
comandante de aviación.
- Taller con App Inventor: A miña primeira app

Xoves 9
- Charla: Que podemos facer cun drone? . Con Juan José González, piloto
instructor de drons.
- Taller con Scratch: Movemento e… acción! Xa teño listo o meu videoxogo!

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega e ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300.

Para máis información chamar ao teléfono 982 370 062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal