IV edición do BTTeando por Guitiriz

Chega a IV edición do BTTeando por Guitriz (tempada 2021/2022), unha serie de rutas en bici polos sitios máis característicos do concello organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe. Levarase a cabo unha saída ao mens desde novembro de 2021 e ata maio de 2022.

 

Domingo, 14 de novembro de 2021: Muiño da Ruxida

Saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz. 

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 12 de decembro de 2021: Pantano de San Xoán

Saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz. 

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 9 de xaneiro de 2022: Camiño Norte de Santiago

Saída do campo da festa de Pígara e chegada á Carballeira de Parga

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 13 de febreiro de 2022: Cova da Serpe

Saída e chegada na praza de Miraz

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 13 de marzo de 2022: Ruta do Muíños

Saída e chegada na praza do Campo da Feira de Guitiriz

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 10 de abril de 2022: Ruta do Camiño Real

Saída e chegada en Bascuas (San Salvador)

Saída ás 10:00 horas

 

Domingo, 29 de maio de 2022: Penas de Rodas (Outeiro de Rei)

Saída e chegada na Área Recreativa de Penas de Rodas

Saída ás 10:00 horas

 

As persoas interesadas poderán anortarse no Concello ou no Club BTTeiros Cova da Serpe antes de cada ruta.

O evento está aberto ao público en xeral, pero os menores de 14 anos deben ir acompañados/as dunha persoa reponsable adulta, para poder participar. O casco obrigatorio e levar peza de froita (aconsellable plátano) e auga.

Infórmase que pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible. 

En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.