Mañá, mércores 7 de xullo, dará comezo en Guitiriz o campus de verán da USC sobre ‘Xeodiversidade e paisaxe’, que se desenvolverá ata o 9 de xullo na Casa Habanera e que constitúe a décimo terceira edición dos seminarios de verán sobre a paisaxe que desenvolve a universidade no municipio.

Os obxectivos deste curso, para o que era necesario unha inscrición previa, son observar pluridisciplinarmente as moi diversas relacións enre a xeodiversidade e a paisaxe, con relatorios referidos á xeoloxía, xeoturismo, termalismo, cultura da pedra, así como a percepción artística, ao medio ambiente e a didáctica xeolóxica.

Ademais dos diferentes relatorios que se levarán a cabo durante as tres xornadas tamén haberá proxeccións audiovisuais relacionadas coa temática, un roteiro polo concello titulado ‘Guitiriz: Pedra, Auga e Astronomía’ e unha exposición fotográfica baixo o nome de ‘Litoloxía’.

O director deste seminario é Roxelio Pérez Moreira e a secretaria María Julia Melgar Riol.