Mañá, 22 de setembro, abre o prazo de inscrición da UNED Senior.

Se tes máis de 50 anos e queres seguir formándote en música, pintura e manualidades, apúntate!

As persoas interesadas poderán anotarse do 22 ao 30 de setembro na sede do Concello ou chamando ao teléfono 982 370 109.