DESTINATARIOS
- Nenos entre 3 meses e 3 anos.
- Poboación preferentemente do Concello de Guitiriz.
HORARIO
- De Luns a Venres de 08:30 h- 19:00 h.
- A permanencia dos nenos no centro non excederá de 8 h diarias.
- Non inclúe comedor, pero existe a posibilidade de levar a comida preparada.
TABOA DE PREZOS EN HORARIO ORDINARIO
- De Luns a venres: 1 HORA: 3 €.
- Os seguintes prezos serán para todos aqueles usuarios que o soliciten no concello e lles sexa aprobado en Xunta de Goberno Local. De Luns a venres:
- 2 horas (cada día): 33 € /mes.
- 3 horas (cada día): 50 € /mes.
- 4 horas (cada día): 65 €/mes.
- 5 horas (cada día): 80 € /mes.
- 6 horas (cada día): 95 € /mes.
- 8 horas (cada día): 110 € /mes.
BONIFICACIÓNS
- 30 % no caso de ser familia numerosa.
- 20% no caso de pertencer a unha unidade familiar monoparental.
- 20 % no caso de asistencia dalgún irmán ó mesmo centro de atención á primeira infancia ou 30 % no caso de parte múltiple.
As tarifas incrementaranse nun 50 % para unidades familiares non empadroadas no Concello de Guitiriz ou nun 30 % a aquelas que estando na mesma situación existe algún membro que traballe no Concello de Guitiriz.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Se é a primeira vez que se matricula:
- Fotocopia do libro de familia
- Fotocopia do DNI dos solicitantes
- Copia da declaración da renda
- Copia da última nómina ou certificado de prestacións do INEM
- Solicitude debidamente cumprimentada
- Título de familia numerosa e outra documentación que estime oportuna.
- Se xa estivo matriculado en anos anteriores:
- Solicitude debidamente cumprimentada
- Outra documentación que estime oportuna.
PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES
- Para os alumnos que xa están matriculados, deberán facer a reserva da praza do 1 ó 15 de Abril.
- Para os alumnos que se matriculen por primeira vez o prazo será do 16 ao 30 Abril
- O resto do ano poderán presentarse as solicitudes no Concello. Se non existen prazas libres o usuario entrará nunha lista de espera.
FORMULARIOS
Para máis información no 982-370-109 ou no E-mail: servicios-sociais@concellodeguitiriz.com.