Camiñarás xunto a augas cristalinas, podendo disfrutar de formacións rochosas de grandes dimensións e gran beleza, que foron esculpidas ó longo do tempo.

Dificultade: media
Duración estimada: 1 hora e 30 minutos
Distancia: 2.340 metros totais
1º tramo: 940 metros, Sete Muíños - Ponte Escádebas
2º tramo: 1.400 metros, Ponte Escádebas - Sete Muíños

A Ruta da Auga e da Pedra iníciase nos Sete Muíños e continúa pola marxe dereita do Río Escádebas ata a aldea de As Escádebas, por donde retorna á súa orixe por un camiño de terra. Percorrendo esta ruta poderán gozar dun entorno natural excelente, onde a man do home axudou a manter tanto a flora como a fauna autóctona intacta. Ademáis, gran cantidade de aves acompañarán cos seus sons o ruído que fai a auga ó bater coas pedras que salpican o cauce do río.

Descargar folleto informativo (PDF)