QUÉ E?
Trátase dun programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer seus coñecementos. O programa inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal. Guitiriz pertence ao Centro Asociado da UNED - A Coruña, que ten unha peculiaridade: pretende achegar este tipo de programas ao medio rural. Por iso, as clases impartense en distintas sedes do rural galego, situados nos concellos colaboradores: Guitiriz, Aranga, Irixoa, Paderne e Xermade.
O programa levase a cabo grazas a suscripción dun convenio de colaboraicón entre o Centro Asociado UNED - A Coruña e o Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás; e grazas a colaboración estable da ConsellerÍa de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e dos concellos nos que se desenvolve o programa, e das axudas puntuais de institucións como a Deputación da Coruña ou da Deputación de Lugo.
OBXECTIVOS
- Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 50 años, có fin de mellorar a sua calidade de vida.
- Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenrolo integral e a autonomía persoal.
- Favorecer a comunicación a través das relaciones interpersonais e do encontro inter xeracional.
- Proporcionar todos aquelos elementos necesarios para un mellor coñecemento do entorno cultural.
COORDINADOR
Luis Ángel Rodríguez Patiño.
Correo electrónico: coordinadorsenior@a-coruna.uned.es.