Witericus quere coñecer Galicia! Queres participar na súa xincana?

Só tes que achegarte ata a exposición ‘Camiño da Luz’, de Pepe Varela, na Casa Habanera. Alí, fíxate en todas as fotografías e recolle no mostrador as pistas para adiviñar o lugar ao que quere viaxar a pantasma. Cando o adiviñes, escríbeo nun papel xunto a un nome de contacto e introdúceo na urna habilitada.

Podes participar ata este xoves 18 de abril.