Queres ir a ver a obra de teatro ‘Os actos e as profecías’ en Santiago? O Centro Dramático Galego organiza este 17 de maio, Día das Letras Galegas, esta actividade cun prezo reducido de 3 euros.

A saída será ás 11:00 horas en autobús, desde o Campo da Festa. A chegada a Santiago será sobre as 12:00 horas. Alí poderás pasar todo o día desfrutando libremente da cidade ata as 18:00, cando comeza a obra. En canto remate a actuación o autobús emprenderá a volta cara Guitiriz. Tanto a viaxe de ida como de volta será compartida con xente dos concellos de Muras e Xermade.

O custo total da viaxe serán os 3 euros da entrada. O desprazamento de ida e volta corre por conta do Centro Dramático Galego.

Ata que cada inscrito abone os 3 euros presencialmente no concello non se lle reservará definitivamente a praza. As prazas son limitadas. Inscricións no 982 370 109 ou en info@concelloguitiriz.com