Durante a mañá de hoxe tivo lugar a reunión do programa 'Educando en familia', na Casa Habanera.

Tras a xuntanza, decretouse que a actividade comezará o vindeiro luns, 5 de outubro, ás 16:30 horas na Casa Habanera de Guitiriz e terá unha segunda quenda o xoves, 8 de outubro, ás 10:30 horas na Casa das Nenas en Parga. O programa terá unha frecuencia semanal en ambos lugares, tanto en Parga como en Guitiriz.

As xornadas, subvencionadas polo Concello de Guitiriz, serán de balde e para as familias con fillos de idade comprendida entre os 0 e 3 anos. 

Máis información no Concello ou no teléfono 982 370 109.