Ampliado o prazo para participar no Escape Room "No Camiño, as imaxes que viron os peregrinos" para celebrar o Día das Bibliotecas. A actividade estará dispoñible durante hoxe, 25 de outubro e mañá, 26 de outubro en horario de 16:00 a 18:00 horas.

 

INSTRUCCIÓNS

1. Achégate a ver a exposición "No Camiño" da Casa Habanera durante os días 25 e 26 de outubro e indícalle á persoa responsable da biblioteca que tes interese en participar no escape room.

2. Non perdas detalle das imaxes que se amosan nos paneis.

3. Dálle solución a cada reto e ao terminar terás acceso ás pistas para axudar a Witerico.

 

PREMIOS

Entre todas as persoas participantes sorteárase un lote composto por:

  • 1 suadoiro e 1 bolsa promocional do Xacobeo
  • 1 doce típico de Santiago de Compostela
  • 1 lote de libros

Nota importante: Actividade deseñada para participar en familia