A Aula Cemit de Guitiriz, presenta unha nova actividade de formación: 'Desafío Emprego', cunha duración de 70 horas, en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade.

Esta formación vai dirixida a persoas desempregadas de longa duración maiores de 45 anos e terá lugar do 9 ao 30 de novembro.

Pódese realizar dita actividade desde casa ou facer uso da aula en horario de 11:30h a 14:00h.

Información e inscricións https://bit.ly/34WAxQK