A aula da rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz acolle durante o mes de xullo a actividade “Kids digital summer camp”.

Esta actividade do aliado dixital Everis levarse a cabo na Aula CeMIT Guitiriz no mes de xullo, en horario de 16:00h a 17:30h, e está destinada aos nenos e nenas de entre 11 a 15 anos de idade.

Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, o aliado dixital Everis, organiza un campamento de tecnoloxía para os cativos e cativas en formato virtual e de balde. A continuación mostrase o listado de talleres e charlas que se van a poder seguir dende a aula CeMIT de Guitiriz.

Martes 14:
- Charla: “A seguridade nas redes”. A cargo do Plan director de participación cidadá da Policia Nacional.
- Taller con “Tinkerkad. Primeiros pasos en realidade virtual: deseña en 3D. Como crear os elementos do meu primeiro videoxogo".
Mércores 15:
- Charla: “O que nunca poderán facer os robots”. Da man de Karla Alarcón directora Fundación Everis
- Taller con “App Inventor. Crea a túa propia apliación móbil.”
Xoves 16:
- Charla: “Robot, faime os deberes”. Será presentada por Javier Rodríguez Molowny experto en IoT.
- Taller con “Scratch. Desafía á túa imaxinación".

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega e ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre a citada actividade poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300.

Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal