BOE coas medidas da Fase 1 da desescalada

Recollido no Boletín Oficial do Estado a "flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade."

Destacamos as seguintes: 

  • Queda permitida a mobilidade dentro da provincia, respectando sempre as medidas de seguridade e hixiene.
  • Reapertura ao público de todos os establecementos e locais comerciais minoristas e de actividades de servizos profesionais cuxa actividade se tivese suspendido tras a declaración do estado de alarma.
  • Reapertura das terrazas ao aire libre cun máximo do 50% da capacidade.
  • Permítense as xuntanzas de máximo dez persoas, sempre respectando as medidas de distanciamento.

 

BOE de 9 de maio de 2020:  https://bit.ly/2SPMxgv