A etapa do Camiño Norte de Santiago que pasa polo Concello de Guitiriz é a Nº 31,dende Baamonde a Sobrado. Unha das máis longas se se fai nunha sola xornada, xa que son 41,3 km. Existen dúas variantes, o camiño principal e a nova variante que vai por Parga.

Camiño tradicional. Nova variante.
 

Moitos peregrinos solen acurtar a etapa e van dende Baamonde a Miraz (Friol). No Camiño tradicional, o peregrino entra no Concellode Guitiriz polo lugar da Lamela en Pígara, continúa cara Baamonde (Concello de Begonte) para continuar por terras de Guitiriz ata o lugar de San Alberte (parroquia de Sambreixo).

No entorno de San Alberte o peregrino ten que cruzar a ponte medieval do mesmo nome para chegar a unha fraga, onde se vai atopar cunha capela de estilo medieval e unha fonte que segundo conta a tradición popular é boa para aquelas persoas que teñen problemas coa fala. A entrada de Bandoncel xiramos a mao esquerda para tomar unha pista asfaltada que nos leva a aldea de Caínzos. A saída de Caínzos tomamos de fronte un sendeiro entre o bosque nos leva ata Digañe, xa na parroquia de Santa Leocadia que nos leva ata Raposeira. A partir de aí o Camiño xa continúa por terras de Seixón ( Concello de Friol).

 

A nova variante, comeza tamén no lugar de San Alberte , e coincide varios quilómetros coa ruta tradicional, pero na lugar de Toar , bifurcase e continúa ata chegar a Belouchada , para seguir o camiño pasando polos seguintes lugares: Pobra de Parga, Ferreira , e Montemeá.

O chegar o lugar de Montemeá o peregrino vaise atopar cun cruce, e ten que tomar a man esquerda pola pista de terra, é a uns 500 mts tomar un sendeiro que o levará ata o lugar de Rebordiños do Monte para continuar ata o Vilar.

Dende o Vilar continuase un tramo pola estrada ata chegar a parroquia das Negradas , xusto antes onde se atopa o indicador do nome da parroquia hai que tomar un sendeiro a man dereita , que nos levará cara a Penabranca, e dende ai vaise as Cruces para finalmente chegar a Sobrado onde finaliza a etapa.

O Camiño Norte de Santiago ven de acadar a declaración de Patrimonio da Humanidade, xunto có Camiño Primitivo, declaración que lle otorgou a Unesco en Xullo de 2015.

ALBERGUES – ALOXAMENTOS NO CONCELLO DE GUITIRIZ

ALBERGUE WITERICUS

CAFÉ E ALBERGUE RURAL "WITERICUS"
Nº de Plazas: 9.
Lgar. Carballedo, s/n - 27380 - Santa Leocadia
Tlf: 678 415 728E.

E.mail: witericus@witericus.com
www.witericus.com

 

CASA RURAL ARREBOL

Dirección:

Lugar O Covelo nº 1

27380 Parga. Guitiriz.

(Lugo) 

Teléfonos:

982 37 33 67

679872798

E.mail:casaruralarrebol@gmail.com

 

Próxima apertura PARGA RURAL – ALOJAMIENTO.

Praza de Santo Estevo s/n

Pobra de Parga. s/n

27380 Parga.

Telf:

Próxima apertura Albergue A MODIA

Lgar do Vilar , s/n

27308 O Vilar.

Telf: