A Casa Habanera acolle o vindeiro sábado, 2 de xaneiro, a actuación "Os Contos da Nai da Miña Nai" da contacontos, Fátima Fernández.

O acto, destinado a público adulto, dará comezo ás 19:00 horas.

 Contará cun estrito protocolo COVID-19 e as prazas serán limitadas, polo que asignaranse por orde de chegada ate o seu esgotamento.