O vindeiro domingo 16 de maio, ás 19:00 horas, a Casa Habanera acollerá a obra "A aldea das mulleres".

O espectáculo irá destinado a público adulto e as prazas son limitadas e asinaranse por orde de chegada.

Esta obra foi adiantada por mor da situación sanitaria e está patrocinada pola Deputación de Lugo.