A Casa Habanera acollerá este sábado, 23 de outubro ás 18:30 horas, o espectáculo teatral "Language Planning" da compañía Os Quinquilláns.

Trátase dunha comedia retranqueira destinada a público de máis de 10 anos que foi creada a partir dalgúns dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende para reflexionar sobre a situación da lingua galega.

A actuación contará con protocolo Covid e as prazas son limitadas ata completar o aforo.