A biblioteca municipal da Casa Habanera lanza unha nova iniciativa baixo o título 'O Pracer de Escoitar'.

Cada mes terá un propósito e este, co motivo das Letras Galegas, adicarase a Xela Arias. Podes participar de dúas maneiras:

- Achega unha gravación túa lendo un poema de Xela.

- Crea unha cuña publicitaria de 20 segundos, poñendo en valor a súa figura e convidando á veciñanza a visitar a exposición que lle adicamos na Casa Habanera do 7 ó 14 de xuño.

Comparte os teus audios coa biblioteca a través do biblioteca@concellodeguitiriz.com