O vindeiro luns, 10 de maio, a Asociación 'Educando en familia' en colaboración co Concello de Guitiriz, organiza unhas charlas para todas as familias deste municipio sobre a prevención do acoso escolar e o risco das novas tecnoloxías.

O acto terá lugar na Casa Habanera ás 16:30 horas e as prazas serán limitadas e asinadas por orde de chegada.

Os ponentes serán formadores do equipo Plan Director da Comandancia de Lugo: D. Héctor Méndez Fernández e D. Ramón Peña Pérez.