A que non sabedes que o balneario de Guitiriz está habitado por unha pantasma?

Pois é verdade, chámase Witerico. Como ben é sabido, o lugar leva un tempiño sen moita actividade, polo que se atopa solo e moi aburrido. Ten como tarefa, a de abrir e pechar a cancela que dá paso á fonte de San Xoán de Lagostelle, tamén chamada “A fonte dos Santos” ben coñecida polas súas propiedades medicinais.

Un día, Witerico, decidiu abandonar a súa soidade, e como se tal turista foi coñecer a contorna de Guitiriz e sen se darse conta.. pois perdeu as chaves da cancela.

En que problema se meteu! Poderás axudarlle a buscar as chaves perdidas?

 

INSTRUCCIÓNS

1. Achégate a ver a exposición "No Camiño" da Casa Habanera durante os días 21, 22 e 23 de outubro e indícalle á persoa responsable da biblioteca que tes interese en participar no escape room.

2. Non perdas detalle das imaxes que se amosan nos paneis.

3. Dálle solución a cada reto e ao terminar terás acceso ás pistas para axudar a Witerico.

 

PREMIOS

Entre todas as persoas participantes sorteárase un lote composto por:

  • 1 suadoiro e 1 bolsa promocional do Xacobeo
  • 1 doce típico de Santiago de Compostela
  • 1 lote de libros

Nota importante: Actividade deseñada para participar en familia