Este xoves, 25 de xuño, o Concello de Guitiriz reabrirá a piscina municipal de cara aos meses de verán. Faino con todas as garantías de seguridade e hixiene, aplicando os protocolos marcados por Sanidade e ao 75% da súa capacidade, limitando o aforo a 81 persoas.

Ademais, instalaranse carteis explicativos coas diferentes medidas que deben seguir os usuarios e usuarias da piscina (distancia de seguridade, uso de mascarilla, hixiene frecuente de mans...) e non se realizarán os habituais cursos de natación. Tamén se habilitarán entradas e saídas independentes e, no caso dos vestiarios, só poderán ser usados para cambiarse.

Os horarios de apertura irán variando en función da data. Desde o xoves 25 de xuño ata o martes 31 de agosto será de 14 a 21 horas. E do 1 de setembro ao 6 de setembro de 15 a 20 horas.

Prezos

  • Empadronados en Guitiriz: 1 euro por día.
  • Nenos e nenas de 0 a 14 anos: entrada gratuíta.
  • Empadronados con carné xove, carné universitario (excepto UNED), xubilados/as e parados/as: 0,50 euros por día.

Bonos

  • Bono de 15 días:
    • Para empadronados: 12 euros.
    • Para non empadronados: 30 euros.
  • Bono familiar de 15 días para empadronados:
    • Parellas con fillos/as menores de 14 anos: 20 euros.
    • Parellas con algún fillo/a maior de 18 e menor de 25 anos: 25 euros.

Os bonos están a venda no Concello.