Debido á alerta sanitaria e a declaración do estado de alarma provocado polo Coronavirus (COVID-19), o departamento de Servizos Sociais estivo reunido onte para reorganizar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Chamouse un por un a todos os usuarios e usuarias e decidiuse, coñecendo todas as casuísticas:

• Atender con normalidade a aqueles usuarios/as con necesidades máis urxentes.

• Estar en contacto continuo co resto de usuarios/as do servizo.

Prégase que, se algún dos usuarios/as non recibiu a citada chamada, se poña en contacto co Concello de Guitiriz a través dos teléfonos 982 370 109 e 646 381 036.