Este sábado, 20 de novembro ás 18:30 horas, a Casa Habanera de Guitiriz acollerá a función de Viravolta títeres. 

Esta actividade, destinada a público familiar, presenta ao Conde Lucanor, o Infante Don Juan Manuel e o Decamerón de Giovanni Boccaccio. Os ingredientes para a elaboración do menú de refectorio proceden da historia do deán de Santiago con don Illán o Máxico, que residía en Toledo e Quiquibio, cociñeiro de Conrado. Ao longo da obra ofrécese unha combinación cómica sobre pratos mestizos e reflexións sobre a cobiza e o enxeño nun espectáculo onde o fío condutor atópase na gastronomía.

As prazas son limitadas e serán asignadas por orde de chegada. Ademais, a actuación seguirá en todo momento o protocolo Covid19.