As xornadas presenciais 'Mulleres Traballando pola Sustentabilidade: a súa contribución á Axenda 2030', que tiñan previsto organizarse o pasado mes de marzo, e que foron canceladas polo estado de alarma, teñen nova data de convocatoria en modalidade online.

Este ciclo de conferencias, que pretenden visibilizar a necesidade da perspectiva de xénero nas políticas de sustentabilidade e de conservación da natureza, serán retransmitidas en directo do 20 ao 22 de maio, ás 19 horas, a través da canle de Youtube do CEIDA

Pódese consultar o programa completo de intervencións, na seguinte ligazón: https://bit.ly/2YYnPhO