Hoxe, luns 8 de xuño, o Concello De Guitiriz pasa á Fase 3 da desescalada.

Estas son as novidades nesta nova etapa:

- Circular por todo o territorio autonómico, sen restricións entre provincias.

- Facer reunións de ata 25 persoas.

- Os comercios poderán abrir cun 50% do seu aforo.

- Os establecementos de hostalaría e restauración poderán abrir para consumo no local cun 50% do seu aforo. Nas terrazas limítase o aforo ao 75% das mesas, cunha ocupación máxima de 20 persoas.

- Os hoteis e complexos turísticos poderán reabrir as zonas comúns sempre que non se supere un 50% do seu aforo.

- Poderanse realizar actividades de #turismo activo e de natureza en grupos de ata 30 persoas.