O Concello de Guitiriz fixo entrega á Asociación ‘Somos unidos por el Cáncer’ dun cheque por valor de 2.292 euros recadados a través da segunda edición da carreira virtual Guitiriz Termal e as doazóns de colexios e institutos do municipio.

O Concello recadou o pasado mes de un total de 1.367 euros na segunda edición da carreira virtual Guitiriz Termal. Agora, a esa cifra sumouse as doazóns de colexios e institutos do municipio ata acadar o total de 2.292 euros donados a ‘Somos unidos por el Cáncer’, unha asociación fundada por un grupo de nais e pais con fillos (nenos e adolescentes) enfermos de cáncer e que traballa para axudalos a eles e á súa contorna.