O próximo luns, 28 de xuño, ás 17:30 horas a Capela de San Alberte acollerá a presentación do proxecto 'Excelencia no Camiño do Norte', no marco do programa O Teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

Nesta presentación intervirán a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; e un representante da Xunta de Galicia.

Realizarase unha entrega de diplomas aos representantes dos establecementos adheridos ao proxecto e presentaranse as accións levadas a cabo.