O taller de memoria volve a Guitiriz

Tras as datas de Nadal, o Concello de Guitiriz retoma o obradoiro de memoria e estimulación cognitiva no horario habitual:

Grupo Guitiriz: os martes ás 12:15 horas. (Retomamos o martes 19).

Grupo Guitiriz: os venres: ás 11:00 horas. (Retomamos o venres 22).

Grupo Parga: os xoves: ás 11:30 horas. (Retomamos o xoves 14).

Aínda quedan prazas dispoñibles, polo que todas as persoas que desexen anotarse poderán realizar as súas inscricións no Concello.