O goberno local do Concello de Guitiriz decidiu hoxe tomar unha nova decisión como medida preventiva ante a situación xerada pola expansión do Coronavirus: o peche dos parques infantís e a suspensión dos mercados dos mércores durante, como mínimo, as dúas próximas semanas. Ademais, tamén se recomenda non usar os espazos públicos biosaludables neste tempo.

Desde o Concello prégase aos veciños e veciñas de Guitiriz que se siga as recomendacións dos organismos sanitarios oficiais (goberno central, Xunta de Galicia e Concello) como a de permanecer nos seus fogares, evitando o contacto con outras persoas para non poñer en risco a outros cidadáns e tampouco a eles mesmos. A aportación de cada persoa pode ser decisiva en contextos deste tipo. 

Continuaremos a traballar para manter informada á cidadanía, colaborando con todas as administracións para intentar que estas medidas estean vixentes o tempo imprescindible e necesario.