PLENO DE MAIO 2022 DO CONCELLO DE GUITIRIZ

Hoxe, xoves 26 de maio de 2022, celebrouse o pleno ordinario do Concello de Guitiriz no que se trataron as seguintes propostas:

  • Recoñecemento de bonificación do ICIO para a obra de reparación, mantemento e actividade de Gran Hotel Balneario – Casa Club – Capilla Mezquita e Campo de Golf. Aprobado por unanimidade.
  • Recoñecemento de bonificación do ICIO para ampliación de explotación de vacún de leite. Aprobada por unanimidade.
  • Recoñecemento de bonificación do ICIO para rehabilitación de edificio como Casa – Museo de Xosé María Díaz Castro. Aprobada por unanimidade.
  • Modificación temporal do réxime de adicacións e retribucións da concelleira delegada de Turismo e do concelleiro delegado de Xuventude e Deportes por baixa por maternidade da concelleira de Medio Rural, Medio Ambiente e Réxime Interior. Aprobada cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG.
  • Modificación do inventario de bens municipais da porción de terreo encravado en parcela municipal no lugar A Raposeira-Santa Leocadia. Aprobada por unanimidade.
  • Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tramitación de expedientes e expedición de documentos administrativos. Aprobada por unanimidade.

Na quenda de mocións:

  • Moción presentada polo BNG relativa a tomar medidas contra o abandono de vivendas do Concello. Aprobada por unanimade cunha enmenda. 
  • Moción presentada polo BNG para reclamar melloras no transporte público na futura lei de mobilidade sostible. Aprobada por unanimidade.
  • Moción presentada polo PP en relación ás concesións de transporte colectivo por estrada. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e a favor do PP e BNG.
  • Moción do PSOE para propoñer á Xunta a adopción dun decreto que aprobe a delimitación do tramo Vilalba-Betanzos como integrante do Camiño Norte de Santiago. Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.