Pleno de novembro do Concello de Guitiriz

Hoxe, mércores 24 de novembro, celebrouse o pleno do Concello de Guitiriz no que se trataron as seguintes propostas:

  • Aprobación inicial da modificación da RPT (7a modificación). Aprobada por unanimidade.
  • Recoñecemento de bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Aprobada por unanimidade.

Na quenda de mocións:

  • Moción para volver solicitar ao Sergas a recuperación da actividade no Consultorio de Parga. Aprobada por unanimidade.
  • Moción sobre o anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo da Auga. Aprobada cos votos a favor de BNG e PSOE e en contra do PP.