Pleno de xaneiro do Concello de Guitiriz

Onte, xoves 30 de xaneiro, celebrouse unha sesión ordinaria do pleno da corporación do Concello de Guitiriz na que se trataron os seguintes temas.

  • Aprobouse definitivamente a modificación 6ª da RPT cos votos a favor de PSOE e PP e abstención do BNG.
  • Aprobouse por unanimidade a proposta de delimitación dun área de rehabilitación integral (ARI) en Os Vilares e O Buriz.
  • Aprobouse a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra do PP.
  • Aprobouse por unanimidade a adhesión ao convenio para a asunción pola Xunta da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local.
  • Rexeitouse a moción do BNG relativa á adquisición de camas articuladas, guindastres de mobilización de persoas encamadas, colchóns antiescaras, muletas e cadeiras de rodas para préstamo a veciños e veciñas de Guitiriz cos votos a favor do BNG, a abstención do PP e en contra do PSOE.
  • Aprobouse a moción do BNG relativa á construción dun complexo deportivo cos votos a favor do BNG e do PP e a abstención do PSOE.
  • Aprobouse a moción do BNG contra a emigración que sufre o país galego cos votos a favor do BNG e o PSOE e a abstención do PP.
  • Rexeitouse a moción do PP sobre a reforma das dependencias municipais cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e en contra do PSOE.