A Asociación Cultural Xermolos decidiu celebrar o XLI Festival de Pardiñas nun novo formato de acordo co seu título de Feira e Festa da Música e das Artes, tendo en conta as medidas de seguridade vixentes, convencidos da necesidade de manter viva a nosa cultura e música, mesmo nos tempos máis arriscados.

Desenvolverase nas fins de semana de Agosto 2020 en distintas paisaxes do Concello de Guitiriz, nas que ao longo do ano se manteñen diversas actividades. Principian o 1 de agosto no Campo da feira de Parga coa XXVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e rematan o día 30 de agosto con actividades musicáis e culturáis nas parroquias do Vilar e Santa Locaia en albergues do Camiño  Norte de Santiago, promocionando o patrimonio das nosas aldeas. Haberá pequenos concertos de grupos próximos, presentaranse filmes como Os Irmáns da Lexía, O trovador Martín de Padrocelos”, etc… e realizaranse talleres de distintas actividades.

Programación

Sábado, día 1  agosto 2020 
*Campo da Feira de Parga. Camiño Norte de Santiago

11:30h. Apertura da Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.
12:00h. Pregón : AFONSO CASTRO.
13:00h.Presentación polo seu autor, XOSE MANUEL SÁNCHEZ REI, do libro:       
“XOSÉ MANUEL SEIVANE RIVAS. A GAITA CON MAIÚSCULA”
13:30h. Animación de rúa por Parga co grupo OS FOLIEIROS DA CORUÑA   
15:30h. Mesa redonda. Artesáns de instrumentos “Onte e hoxe de un oficio”
17:00h. Obradoiro de Baile Tradicional Galego no recinto : RUTH PÉREZ e MARÍA BESTEIRO da Escola de Música Tradicional de Xermolos. 
17:30h. Apertura da Mostra
19:30.Concerto en   pequeno formato do grupo de música tradicional TRES PESOS. 
21:00.Peche da Mostra

 Domingo, día 2 agosto 2020
* San Alberte: Camiño Norte de Santiago

13:00h Grupo de gaitas CAIVANCA
14:15h Presentación do libro de Mero Iglesias: “ No baleiro dunha soidade”, unha viaxe polo Camiño Norte que nos leva a Compostela.
Peche do acto con concerto de Música do grupo de gaitas CAIVANCA.

Luns, día 3 de agosto 2020
* Guitiriz

12:00h Pasarrúas e animación pola vila de Guitiriz co Grupo de Música Tradicional da  ASOCIACION CULTURAL  ANDRADE (Vilalba)
19:00h Pasarrúas e animación pola vila de Guitiriz co Grupo de Música Tradicional  NO CÓMBARO (As Pontes).  
21:00h. Concerto de UXÍA SENLLE no Campo da Feira de Guitiriz

Martes, día 4 de Agosto 2020
*Guitiriz – Campo da Feira

Estrea da película “MARÍA SOLINHA”, patrocinada pola Deputación de Lugo
21:30 Presenza do director Ignacio Vilar, para encontro cos asistentes e photocall
22:30 Comeza o filme 

Sábado, día 8 de agosto 2020
* Roca no Camiño Norte de Santiago.

 Parladoiro: “San Xiao de Roca e o Camiño de Santiago” por Xaquín Campo
Cinema ao aire libre en Roca. 
CINEMA documental “Trobador no Camiño: Andares pola lírica do Martín de Pradozelos”  Artistas convidados: A QUENLLA

 

Domingo, día 9 de agosto 2020
*Guitiriz,  Campo da Feira 

CINEMA ao aire libre: Video de Kamy Iglesias: “O cine en Guitiriz”
Concerto ao aire libre dos grupos NUADA e BERTA FRANKLIN

 

Sábado, día 15 de agosto 2020
* Parga no Camiño de Santiago

 Presentación do libro “Mini e Mero” no Centro de Iniciativas e Turismo
Cinema ao aire libre: documental “Mini e Mero”
Musica: actuación de un grupo musical

Domingo, día 16 de agosto 2020
* Santa Mariña. Memorial Irmáns da Lexía

Na igrexa: Proxección do video do CENTRO SOCIAL GOMES GAIOSO de A Coruña adicado a Bebel e a súa familia dos Irmans da Lexía
Intervención de Selva García, sobriña dos Irmáns da Lexía
Audición musical na Igrexa: “Hermanos de la Lejía” do cantor arxentino Gustavo Fuentes
Ofrenda de frores no Monumento

Sábado, 22 de agosto 2020
*Urban Witiricus 
Campo da Feira de Guitiriz

*Presentación ao aire libre do CD de David Gómez: “Ausencias”
Homenaxe ás e os nenos .
19:00 Festa dos nenos : espectáculo de humor con MUU:CRUNCH!
Entrega dos premios do XLI CERTAME TERRA CHA DE LITERATURA E DEBUXO INFANTIL E XUVENIL
Cinema: curtas premiadas,interpretacións musicais premiadas; nenas e nenos rapeiros
Exposición dos traballos
Concerto grupos música rap....

Domingo, 23 de agosto 2020
* Guitiriz, Casa Habanera

 “Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero”
Presentación libro de Xulio Xiz: “Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi”
Exposición: “Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi”

 

Sábado, 29 de agosto de 2020
* Casa das Artes de Pardiñas

Homenaxe aos Artesáns de Pardiñas: presentación do Caderno: “O canteiro de Pardiñas” de Ramón Villar e do libro “Palleta maldita” de Sito Carracedo no seus obradoiros.
Presentación do libro de Laura Romero: Ferreñas e Rockand Roll.
Concerto no recinto da Casa das Artes. 

 

Toda a información na páxina web www.xermolos.org

 

Domingo, 30 de agosto de 2020
*Homenaxe ás nosas aldeas no Camiño Norte de Santiago

As 12h da mañá no  palco do Vilar, ao aire libre: Parladoiro,  Alfonso Blanco:  O Camiño de Santiago ó pé da Cova da Serpe.
Cinema ao aire libre: Montaxe de Fátima: “A Cova da Serpe”
Concerto ao aire libre: grupo Sons de Aldea

As 18 h da tarde: Santa Locaia no Camiño Norte. Presentación do cómic “Lendas do peregrino”  de Xavier Varela, no albergue, escultor e escritor ao pé do Camiño.
Concerto ao aire libre de Sons da Aldea.