O Concello de Guitiriz pon en marcha a primeira recollida de plásticos de silo e de invernadoiros nas explotacións da parroquia de Buriz.
A recollida terá os seguintes requisitos:
- Só se recollerán plásticos de silo ou invernadorio.
- Non poderán levar restos de terra, herba ou calquera outro residuo.
- Non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico, só plásticos de silo ou invernadoiro.
- Deberán estar depositados nun sitio accesible e que facilite a recollida.
Para poder tramitar a recollida hai que deixar aviso no Concello a través do teléfono 982 370 109 antes do 14 de maio.
O día da recollida será o 19 de maio nas explotacións do Buriz.