O Concello de Guitiriz rematou as obras de construción do novo parque da Casa da Auga, un espazo de ocio para os máis pequenos no que se fixo un investimento de 24.100 euros. Primeiramente instaláronse os xogos (tobogáns, balancíns, columpios...) e despois colocouse o peche de madeira e encheuse o chan de área, acondicionando a zona ao completo para cumprir a normativa de seguridade vixente.