Xa está en marcha o Servizo de Atención Temperá do Concello de Guitiriz para a atención integral a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, que se realiza de xeito conxunto cos concellos de Vilalba e Xermade.

A atención lévase a cabo na aula multiusos do Telecentro (planta baixa). Os usuarios ou usuarias terán que ser derivados polo servizo de pediatría do SERGAS. Máis información no teléfono 982 370 109 (extensión 1) ou no servizo de pediatría do Centro de Saúde.

Guitiriz contará seguinte persoal: un terapeuta ocupacional, un logopeda  e un fisioterapeuta.

A atención temperá enténdese como o conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil, á familia e á contorna dos menores que teñen por obxecto dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñan risco de padecelos.